Por Pura Tejelo
Estampado dourado, de Lola Fernández |
O día bébedo
descompoñíase en pentagramas louridos
-de luz velar-
A enredadeira tornouse fogueira lanzal.
No vidrar afresonado, el tiña o cabelo da noite.
Fugas de paixón, no seu ollar de outono.
Unha ave con plumas de prata
ergueu o seu voo nupcial
e o broslado do leito enredou furiosas tolemias.
Entrementres, na bocanoite a montaña
púxose a arder aproando ó ocaso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario