xoves, 15 de maio de 2014

O cocedor dos garavanzos




       
     Ata agora, o que temos visto usar cando se facían os garavanzos, ou as fabas, no cocido, para que estes non se perdesen pola pota, era unha bolsa de tea, a ser posible de liño branco, de maneira que, ó servir a comida, estes non estaban perdidos e mesturados co resto dos productos.  
            Moito máis elaborado é este sistema, usando unha esfera metálica e esmaltada, que se abre en dúas semiesferas para recoller os garavanzos. É un curioso aparello do que só coñecemos este, conservado no museo etnográfico de Ponte do Porto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario