xoves, 12 de febreiro de 2015

O KORRUNTXO DO OKUPA




O sorriso de Daniel. O sorriso da Gioconda. O sorriso de Ghardel… O sorriso medieval de personaxe asiática, un sorriso renasentista de muller europea e um sorriso de entregherras de home sulamericano.
Ben sabemos           que entregherras é o período entre as duas chamadas mundiais: un convensionalismo máis, porque gherras gherras mundiais dun xeito ou doutro haivos máis que aquelas; de feito, aghora mesmo hai gherras en tantos lughares que non se dá controlado a (des) informasión. Pois gherra é a dos tildados de piratas índicos, gherra de gherrillas se acaso, gherras as dos extremoislamistas, as varias da África e as da Asia osidental, gherra a balcánica destes meses, gherras as informáticas, etc., etc. Que xeito de irme do tema!
O sorriso de Daniel é, porventura, o máis caro para nós, pois malia se tratar dun individuo alleo, del apoderouse o noso ghrande escultor para ofrendalo aos ghaleghos todos: é el un sorriso enigmático, no que radica o seu maior atractivo: se cadra non nos tería ghostado a explicasión que nos tería dado o autor, a saber a que individuo retratou se é que tomou alghún modelo para elevalo á categhoría de santo, como todos os santos que nos cadros fighuran.
Tamén é enigmático o sorrio de Monna Lisa, daí o seu atractivo, porque se procuramos belesa ou atracsión no rostro en si… que queredes, nunca tal dei atopado, máis ben vos diría que é unha muller nada ghuapa. O de Ghardel é aquel xesto estereotipado do artista ou do comunicador. Claro que aí hai todo un problema: pode ser un sorriso meramente profisional, comersial ou estudado, ou pode se tratar dun sorriso natural e espontáneo.
É así que o de Ghardel é apenas un entre tantos outros dos ghrandes artistas, que recurriron a ese xesto cando interpretaban obras que así o esixían. (E non estou falando presisamente do sorriso dos cómicos ou dos pallasos). E diferénsiase dos outros dous antighos en que é a boca aberta, case raiando coa franca gargallada… aspecto que lle dá unha serta frivolidade ou lixeiresa que non se tería visto como apropiada naqueloutros individuos: o profeta xudeu e a muller fiorentina (ou o que fose a discutida Monna, que ata chegharon a disir que fora un home!): a solenidade de que adoitamos revestir aos seres históricos, falsificándoos, non o tería permitido! Imaxinaivos por un momento a un Cristo ou a un Maoma rindo a mandíbula batiente, deusnonopermita! (como diría a miña ex).
Outros sorrisos hai tan clásicos como estes: venme aghora á cabesa o sorriso branco dos neghros americanos… cando de escravos puros e duros pasaron, en poucas décadas, a seren estrelas de dansa ou da música; sorriso que poderíamos definir mellor como africano pola sua orixe (co cual temos representados os catro continentes… restándonos alghún sorriso da Oseanía que nos queiran aportar os leitores). Así e todo, eu quédome co sorrios perenne do ghato de Cheshire: el non será polo moito que me ghostan os ghatos? (con lisensia dos cans).

Ningún comentario:

Publicar un comentario