xoves, 19 de febreiro de 2015

Os Faxardo de Ortigueira



            Contan as lendas que os Faxardo son orixinarios de Santa Marta de Ortigueira, no norte do antigo reino de Galiza, e máis concretamente descendentes dun tal Pero Gallego, esforzado cabaleiro que foi facer a guerra por terras murcianas, e sentindo sede acercouse a beber dunha fonte, onde se atopou con cinco mouros cos que pelexou bravamente ata vencelos, o que lle dou fama de valente e esforzado. E por esta fama, estando en guerra contra os mouros de Granada, había un que metido entre os exércitos cristiáns esfolaba e mataba a destra e sinistra, polo que lle foi pedido a este Pero de Ortigueira que puxese fin a tal desastre, e aló foi el, directo ó matarife para derrubalo do cabalo coa súa lanza e librar ós seus de tan fero inimigo, o que lle valeu que puidese usar no seu escudo unhas matas de ortiga que lembran a súa orixe, ademais de recibir en premio a vila de Lebrija e outras moitas posesións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario