Cada ano por estas datas, Escolástica recibía a seu irmán
Benito na casa no convento que rexentaba, e alí falaban sobre as cousas da
vidas e as regras monásticas, pero sempre durante o día, porque Benito fixera
votos de non pasar a noite con ningunha
muller baixo teito, nin sequera con súa irma. E nin sequera aquel día en que
Escolástica non se atopaba moi ben e lle pediu insistentemente que ficase o seu carón, que a
acompañase, que tiña un mal presentimento; pero el fiel cumpridor dos seus
votos, negouse, e entón ela rezoulle coa lingua pequena a Deus para que provocase unha chuvia tal que
fixese desistir ó seu irmán, pero a pesar do chuvasco, Benito, á caída da tarde
saíu deixando a súa irmá sen a necesaria compaña.
Foi cando xa chegaba ás portas do seu convento cando
Benito mirou para atrás, e viu que da casa de súa irmá saíu un luz que
iluminaba a noite e no medio dela unha pomba subía ó ceo. Nese intre, daquel
dez de febreiro Benito soubo que a súa irmá finara e que aquela pomba era a súa
alma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario