Traemos este apelido a modo de
homenaxe ós cabaleiros andantes que tanto debían abundar noutro tempo, os
esforzados varóns que armados de lanza e espada se botaban mundo adiante para
desfacelos tortos da vida e facer imperar a xustiza, pois tal debía ser o
cabaleiro de quen descende esta estirpe, un procurador de desagravios, quen, sabendo
que unha parente do rei do Galicia fora apresada por uns bandidos, foi a onde
eles estaban e sen dor dos malvados pelexou con bravura ata cortarlle a cabeza
ó capitán dos secuestradores, e liberou á doncela que tiña por nome o mesmo
nome da Nosa Señora. E o rei, sabendo da valentía e nobreza do cabaleiro,
deulle á súa parente por esposa e permitiulle que puxese no seu escudo, sobre
campo de sinople un M de prata con coroa
real de ouro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario