sábado, 21 de febreiro de 2015

O KORRUNTXO DO OKUPA



            Disque o home (home e muller, por suposto) ten quen máis quen menos unha arela de inmortalidade. Esta arela, xunto coas desghrasias da vida (dantano e doghano) tería non pouca parte na serie de relixións que a nosa espesie ten inventado no decorrer dos milenios… relixións que, ao fin e ao cabo, todas elas non son senon superstisións disfrasadas con moita estrutura, por máis que, con abonda soberbia, lles chamen superstisións ás de invensión popular que non tomaron tal estado xerárquico. 
Paresería que o xeito máis natural de nos inmortalisar é o termos fillos, deixarmos desendensia (aghardo que me lean os meus vástaghos Martín Andrés –alias Martiño- e Teresa Inés –que nin alias ten, miña pobre!). Serto é que o que nun prinsipio foi un ghrato traballo (cal é a fabricasión da prole) se pode trocar, coas voltas da vida, en máis dun motivo de amarghura por non a dar alimentado e instruido como un quixer ou por resibir un desapegho filial cando dita prole se emansipa do foghar paterno-materno.
Cando menos, o da materno-paternidade é o mecanismo –inconsiente- máis antigho –mesmo de todo ser vivo- de se perpetuar un. Porque logho están as outras múltiples maneiras de ficarmos no mundo. Como, por exemplo, os feitos máis ou menos importantes debidos á nosa inisiativa. Así, os ghobernantes que fican na Historia –con maiúscula- universal ou –con minúscula- do seu país ou rexión, ben por ben, ben por mal, por aquilo tan vello de: Que falen inda que sexa para criticar…
Así os escritores e artistas (aqueles creando obras reprodusibles no prelo, estes vendo, ou non vendo, revalorisarse as suas creasións únicas e irreprodusibles (non cando esculturas) despois de morreren –ghrande inxustisa que sofren os chamados plásticos- para benefisiaren os seus bos ou malos herdeiros. Mesmo os artesáns que deixan móbeis, ou os ghrandes construtores que deitan pontes, encoros, edifisios… E os cantantes que permanesen nas suas ghrabasións… Ou os mestres e os médicos quando iluminan mentes e sandan mentes e corpos, outorghando esa impalpable herdansa…
Nuns casos a sobrevivensia do individuo é de séculos, mesmo de milénios: trátase dos privilexiados (?), positivos ou neghativos, cuxa sona sobrenada a Historia da Humanidade. Noutros, apenas sobevive o tipo durante o redusido tempo no que (ao disir de Borges) viven os que del ghardan memoria: o home realmente morre co último conxénere que o coñeseu, isto, en tratándose do home común, cuxa lembransa non adoita traspasar a seghunda xerasión, a dos seus netos.
De todo isto dedúsese, como diría meu tio, o tolo da vila, que non vos hai como a roupa branca para vestir ás persoas –non quero reprodusir o que el literalmente afirmaba, se referindo en exclusiva ao xénero feminino, non sexa que me acusedes de machista-; só direivos que el máis ben que de vestir falaba de desvestir, pois era tolo pero non parvo. E ighual aplicaba á roupa da cama: esas duas brancuras –cando limpas!- fasinábano, e comparábaas coa superfisie das pantallas do sine –sinéfilo compulsivo como el era-, ou coa neve do seu país natal (a min, por iso, a neve arrepíame, despois de ter pasado un inverno en Alaska… imaxinade!).

Ningún comentario:

Publicar un comentario