venres, 20 de febreiro de 2015

Piscis




Dicían que o mito que explica a constelacións dos peixes fala de cando unha deusa asiria que tiña a metede do corpo con forma humana e outra metade con forma de peixe, chamada Derceto, caeu nunha lagoa e un enorme peixe que habitaba no lugar a salvou de morrer afogada. Por iso son dous os peixes que coroan o ceo.

Pero a versión máis estendida e a que explica esta lenda falando de Venus e o seu fillo Cupido, ou se se prefire a versión grega de Afrodita e Eros, os cales, durante unha guerra que o feroz Tifón emprendeu contra todo o Olimpo,  despois de que Zeus derrotase ós Titáns, acosou á deusa do amor, e esta fuxindo, como sabía que Tifón ten todo o seu poder sobre as augas pero non baixo elas, atouse cunha corda ó fillo e xuntos, fuxiron del e puxéronse a salvo, e por iso no ceo se ven dous peixes atados por unha corda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario