Por
Pura Tejelo
Deseño de P. Losada |
Faremos un intercambio:
Ti
dásme a lúa
no
seu cuarto minguante,
cando raia fina
de aceiro brando,
coitelo que roza
a
camisa azul-seda da noite.
E eu paseareite
polo meu soño
salvaxe.
(Diálogo da Montaña e o Sol)
Ningún comentario:
Publicar un comentario