Casa na
Fonsagrada
Por dura, a pedra de seixo poderíase considerar como un bo material de
construción, máis non só é dura, senón que tamén é unha pedra que se resiste a
ser modificada, tallada ou modelada, por iso en certa maneira, vén representar
a firmeza de carácter, todo aquilo que semella duro e invariable, firme e
suxeito á tradición. E sendo branca é
asemade símbolo de pureza.
O costume que coñecemos de bendicir e protexer unha casa comeza desde o
momento da súa cimentación, cando o propietario deposita na base dunha columna
ou no mesmo chan sobre o que se vai erguer a edificación unhas moedas, e nas
catro esquinas da casa a terra do entorno dalgún santuario. Logo, unha vez
feita, a casa será bendicida polo párroco, e antes de ser ocupada, un membro da
familia derramará na mesma soleira o sangue dunha galiña, a ser posible branca.
Todos estes remedios cunha fonda tradición xa coñecida no mundo clásico e que
nós herdamos e adaptamos.
Pero a amiga Esperanza Abelairas Vilariño, da Fonsagrada, unha amante de recoller e conservar
a memoria etnográfica, mandoume estas fotos da que foi casa materna do seu esposo Agustín Ferreiro Fernández coñecida como "Casa de
Rellán", en que aparecen unhas pedras de
seixo branco incrustadas na parede, e das que o albanel que facía a reforma da
casa lle dixo que era un vello costume para escorrentar ós malos espíritos,
fados ou trasnos que quixesen molestar ós moradores.
E a pregunta coa que quero seguir con esta serie de artigos que puxemos baixo o
epígrafe “as pedras brancas” é: ¿Tiñan as pedras brancas dos castros ou dos
pombais que vimos o mesmo significado que lle dan a estas?.
Mais, tamén hai pedras brancas coroando as casas, onde maioritariamente se poñen pináculos, tal a que vimos nun hórreo da Pontenova.
Mais, tamén hai pedras brancas coroando as casas, onde maioritariamente se poñen pináculos, tal a que vimos nun hórreo da Pontenova.
Curioso.
ResponderEliminarNon tiña nin idea dese costume.