Había un nobre fidalgo
chamado Sancho González de Reinoso, que acompañando ó rei don Alonso para
loitar na batalla das Navas de Tolosa, viu no ceo unha cruz dourada,
indicándolle ó monarca que aquel era o sinal que a divindade lles mandaba como
anuncio dunha vitoria segura. E aínda que nese intre aínda ninguén erguera as
súas armas contra o temido Miramamolín, tal visión animou ás hostes cristiás, e
tal foi que o rei, tras a vitoria, en agradecemento por tan venturosa visión e interpretación
da mesma, cedeulle tal cruz para o seu escudo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario