Colón, o almirante da
Descuberta, deixou escrito no seu diario que atoparon unhas aves no camiño de
América, chamadas seixas, co que
seguramente o apelido non se refira á pedra de seixo, branca e forte como a
estirpe que tal nome leva, senón a paxaros, como se ve no seu escudo. Por certo
un nome de aves que xa non o recollen os dicionarios que este servidor manexa.
Sen embargo a razón pola
que tres aves que parecen pombas adornan o escudo semella o capricho dalgún
nobre do século XI, que amosou as súas armas fronte ós mouros cando aínda se
chamaba Aceijas, e tiña o seu solar
nas terras de Lugo, onde hoxe está Narla, en cuxo castelo se poden ver estas
aves nun dos escudos da porta principal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario