Falan as crónicas do valoroso señor don Índigo Íñiguez de Viedma,
que sendo galego e estando ó servicio do rei de Aragón, soubo que saíndo a raíña
e as súas damas a pasear, foran apresadas polos mouros, co que el, cun puñado
de homes perseguiu ós seus inimigos ata rescatar á señora e á compaña que
levaba, máis chegando ó pazo real decatouse de que faltaba unha das
acompañantes, e que precisamente a que faltaba era a súa propia esposa, polo
que volveu por onde viñera, ata atopar ós secuestradores e rescatar á esposa.
Por tal valentía o rei
ofreceulle o que lle pedise, e el só lle pediu un bastón para o seu escudo. E por
iso ás oito cazolas que xa tiñan os Biedmas por armas, engádeselle agora o
bastón.
Aínda que teñen a orixe no
solar galego, os Biedmas repoboaron as terras andaluzas de Xaén e hoxe non
quedan Biedmas en Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario