Alejandro Campos Ramírez |
Non lle é difícil a ninguén atopar a biografía deste fisterrán, Alejandro Campos Ramirez, máis coñecido por Alexandre Finisterre,
testamenteiro do poeta León Felipe, pero sobre todo, o inventor do futbolín; un
invento que desenrolou por compaixón, mentres estaba convalecente das feridas
de guerra para cuns cativos que sufrían nun hospital catalán por non poder
xogar ó fútbol coma calquera outro rapaz.
Despois de moitas vicisitudes, tras patentar o seu invento en Barcelona
durante a guerra e de perder con ela os dereitos da patente, volveu a patentalo
anos máis tarde en Guatemala, e hoxe todos lle recoñecemos os dereitos
lexítimos de tal invento, esquecendo sen embargo outros non menos meritorios
como un pasador de follas, ou como o de ter sido o creador de distintos
periódicos de ideoloxía republicana, o primeiro editor de Ernesto Cardenal ou
correspondente da Real Academia Galega.
Hoxe, a casa onde el naceu é unha ruína na que só se manteñen en pé as
pedras da fachada e esta placa dar testemuña da súa orixe, pero non estaría de
máis que alguén se lle ocorrese remodelar o edificio e crear un museo do
futbolín, por exemplo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario