luns, 7 de novembro de 2016

Galleiros baleiros



            
   


                    Dicía Castelao que fala máis da fame dun ano un hórreo que a través das regañas deixa pasar a luz do sol, ca calquera estudio de economía. Hoxe, evidentemente, tal condición fala asemade do abandono do rural, dese abandono condicionado polo pouco valor que se lle dá ó traballo no sector primario.

             Tamén falan do despoboamento do rural todas esas casas abandonadas e arruinadas que vemos nas nosas saídas ó campo, e igualmente estes alpendres baleiros, cos galleiros desocupados, eses ganchos dos que outrora por este tempo xa estarían colgando as restras de espigas de millo, cebolas ou allos como vemos neste residuo de arquitectura popular de Triacastela, coas trabes, as ripias, tiseiras, encarnas e cangos agardando pola traza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario