martes, 22 de novembro de 2016

Un confesionario portátil




         


Non, non é unha escumadeira, senón un confesionario portátil.
      Xa sei que nas películas, cando un confesor visita a un enfermo pon a súa estola e sen máis senta a carón do  arrepentido a escoitar os seus pecados cara a cara, pero non era así como se facía. Seguindo o ritual que manda a Igrexa, o cura non pode ter contacto coas mulleres cando confesan, por iso a muller confesa pola xaneliña protexida cunha celosía que hai en todos os confesionarios, mentres que o home confesa de fronte.
             Pero, cando había de confesar a unha muller doente, fóra da igrexa, o confesor levaba consigo este curioso aparello que mantiña a distancia. Só para confesar. 

1 comentario: