Dous emprendedores
O Curmán de Undochán
Lavalleja, capital Minas,
e
os departamentos limítrofes.
(Brasil,
o territorio en gris da dereita)
|
Temos localizado ata catro enlaces relixiosos
de galegos neses anos: Álvarez Romero, Roque Araújo, Manuel Bermúdez e Alonso
Puga, este o primeiro galego en casar (1740), morto a pouco, co cargo de
sarxento e condición de inválido. Canto a Bermúdez, formou, coa sua muller –tía
do futuro prócer Artigas- destacada familia.
Mais é a Cosme Álvarez Romero
(galego sen berce concreto coñecido) que me referirei agora. Máis alá de que
este paisano chegou a ostentar en Montevideo cargos públicos, tales Tesoureiro
e Procurador General do Cabildo, emprendéu,
a partir de 1759, a extracción de minarais na paraxe de Marmarajá no que, co
tempo, sería o departamento de Minas –logo bautizado de Lavalleja, conservando
o nome Minas para a sua capital, nome que nos lembra a Minas Gerais brasileira.
Don Cosme, na realidade, precedéu en
máis de 25 anos a fundación desta vila poboada con galegos e asturianos, ampliando,
co tempo, a sua actividade co lavado de ouro, prata e chumbo. Debéu ser o
continuo fustigamento dos indíxenas e dos portugueses o que o fixeron desistir,
anos despóis, da sua pioneira actividade. Tan pioneira, que Lavalleja é o
departamento do país con maior explotación mineira, coa extracción de pedras
(mármore, granito, dolomita, talco)…
Un mozo Eduardo Fabini |
130 anos máis tarde, fins do século
XIX (1892) surxe no mesmo departamento a explotación da Fuente del Puma, un de tantos mananciais desa belísima zona serrana
do leste uruguaiano, moi cercano á capital minuana, da man da sociedade Fabini
& Puga (outro Puga!), que comenzou o envasado de auga mineral bicarbonatada
baixo o nome de Agua Salus, agora coa
firma Compañía Salus, S. A. (1902), a esa altura xa sen Puga na sociedade… e
vendida a unha multinacional nos inicios deste milenio, sendo a auga de maior
prestixio do Uruguai. (En torno á pranta industrial formouse o parque Salus,
arboreda na que se acha ubicada unha hostería).
Duas derivacións do tema principal.
Por unha banda, a figura dun neto deste pioneiro Clemente Antonio Puga García (de
seu nome completo, 1854-1929), natural “de Figueroa, en Galicia” (ou Figueiroa?
pois non demos localizado o topónimo exacto), cal é o auténtico especialista en
música típica Boris Puga, primeiro presidente da Academia del Tango del Uruguay.
Xa aos
seus 19 anos M. Quiroga vinculábase cos galegos de Montevideo
|
Por outra parte, o socio de Puga,
Santiago Fabini (1863-1939) era un dos sonados irmáns deste apelido: el, Juan
Pedro (1876-1962), enxeñeiro e político, activísimo intendente de Montevideo,
e, sobre eles, Eduardo Fabini (1882-1950), o principal exponente do
nacionalismo musical uruguaio… que estivo en moi boa sintonía co noso Manolo
Quiroga (1892-1961), e que disque compuxo parte da sua obra nestes campos.
Dato
ad hoc: Na sua xira sudamericana, o
violinista Manuel Quiroga interpretou (no montevideano teatro Solís, 1929) a
“Fantasía para violino e orquestra” de Eduardo Fabini, composta por este ao seu
pedido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario