Se soubeses
nas tardes de bonanza
cando as nubes
eran máis azuis
e se tensaba
no aire a benvida galbana.
Eu soñaba coas
augas púrpuras
e as ocas
deslizándose.
Imaxinaba
camiñar dársenas de luz
e o súbito
céfiro na rostro
como unha
caricia.
Non pensaba
nos arqueiros apuntando ás miñas tempas
perseguíndome
cos seus
mantos negros de córvido
e virar a face
e ver ao fondo
do seu casco
as olleiras picadas das abellas
e encararme co
xesto forte e calmo
até que o
remuíño do río
arrastrou
o cabalo
a súa furia
e os despoxos
da xenreira.
(As horas de
Hanna, edit. Urutau)
Ningún comentario:
Publicar un comentario