4 mulleres 4
O Curmán de Undochán
Petrona Rosende Jordán (Petrona Rosende de la Sierra, 1787-1863) foi mestra, poeta e xornalista. Filla de Manuel (de Sales-Vedra) e de Rita (da Coruña, esta filla dun Giordano napolitano), casou co revolucionario José Agustín de la Sierra e, cando a dominación brasileira, houberon de exiliarse en Buenos Aires. Alí ela editou ata 18 números da revista “La Aljaba” (1830-1831), tribuna do seu pioneiro pensamento feminista, sendo considerada a primeira xornalista muller arxentina.
Carlota Ferreira, de Regúnaga, por Blanes |
Como poeta, inda que de parco nivel, foi a primeira verseadora uruguaia do seu sexo, merecendo ser chamada “La Safo oriental”, con poemas de corte patriótico que a levaron a ser incluída en “El Parnaso oriental. Guirnalda poética de la República Uruguaya” (1835-1837), primeira antoloxia lírica deste país, publicada en B. Aires por Luciano Lira (con toda probabilidade outro galego oriundo). Mestra antes, tornou a selo á volta do exilio, morrendo, moitos anos despóis, viuva e pobre e precedéndoa dous fillos caídos nas guerras dese tempo.
Carlota Ferreira (c. 1838-post. 1908), filla de solteira, foi documentada como filla de seu abó materno, o pulpeiro Benito Ferreiro Mouriño –de Paradela de Meis ou da Estrada-, recurso non infrecuente na época. (Ollo ao cambio no apelido). Muller multibiografiada e non de todo desvelada, da que se ignoran mesmo as datas vitais, libre ata o amoralismo, se aproveitando de certos homes para medrar social e económicamente.
Nelly Grandal e seu home José Scheps |
“A construción do laboratorio ficaba no Cerro [ela era novata] e chovía a cachón. Superado o estupor de ter que darlle contas a unha muller e, por riba, moza, o capataz escoitou as miñas observacións negativas, e así que virei cara ao coche, espetoulle aos operarios: “¡Me va a enseñar ésta a mí!” Ao que eu, xuntando forzas de fraqueza, volteime e díxenlle que si, que lle ia ensinar…. E xa deixando a obra, percorrín entre a lama, tremendo, os 50 metros máis longos da miña vida”.
Poeta (e nai de poeta), narradora e historiadora, Ma. Amelia Díaz de Guerra (Maruja Díaz, 1924), é actualmente máis coñecida pola sua clásica “Historia de Maldonado”. Filla de Juan Díaz González, de Sirgueiros-O Incio, ven sendo sobriña de Manuel Díaz, “O Pequeno do Incio”, médico dos pobres e alcalde, asasinado polos falanxistas. Hai algún tempo deime o gosto de lle achegar a Maruja o libro d’O Castro a el dedicado.
Frase extemporánea: Uruguai, única oficina do mundo que alcanzou categoría de república, Benedetti dixit (facendo referencia ao peso da burocracia oficial).
Ningún comentario:
Publicar un comentario