Cómo tendemos a simplificar en todo. Aghora que é outono
acó e primavera aló… resulta que acó estaba veraniegho e aló, dinme, está
outoniso! Cómo a literatura nos comeu o coco atribuíndolle á primavera unas
bondades que está lonxe de posuir… ou será que esta boa sona da estasión do
amor (que por maio era por maio) ven dos recuados séculos en que ainda había
estasións ben definidas?
Daí tamén os maios nosos, o “mes de María” (a virxe dos
católicos, miña coitada!), o olmo seco dando ghromos novos, etsétera, etsétera…
E é que non é o mesmo a primavera que a curmá Vera! Convensédevos. Isto todo é
o que me ven transmitindo un amigho que anda polo hemisferio austral co seu
hemisferio serebral un chisco desorientado…
Haivos xente para todo, como disía aquel matatouros con
veleidades intelectuais… Ben visto, mellor é que matase reses que non cristiáns
ou mesmo mulleres, deporte que cada dia parese que vaia a máis… moi valentes
eles. É o que de sempre pensei, cando de individuos represores se fala: moi
afoutos armados contra un desarmado, ou aghrandados polo seu número contra unha
vítima única… sexa esta neghro, muller ou homosexual. Non digho con isto que
estea de acordo coa matansa de animais por puro praser, cousa diferente se é
para merendalos, nin que me paresan mala xente os vexetarianos.
É o do KKK, formado por deserebrados brancos (mesmo pouco
ou nada aghrasiados físicamente, con frecuensia máis ben repunantes) atacando
un/unha preto/a de físico moito máis
proporsionado que o deles… Algho semellante ao facareño e malencarado Adolfito
(con aquel saúdo de braso alsado, pero quebrado, absolutamente amariconado ou
amaneirado por mellor falar), defendendo a
rasa pura –ula?- brancuxa e loira ata o noxo, abusivamente nórdica e
xelada onde as haxa. (Aghora son eu o que, sopretexto de antirrasista, me deixo
levar por outro rasismo… non somos nada, na verdade!). Sonvos as leis da física
que disía o Empédocles…
Iso si, estes días que andei pola Coruña, puiden ghosar
dalghunha reghalía, vendo o novo-vello nome das Atochas remprasando o
tristemente sélebre daquel xeneral pre e postfranquista de cuxo nome non me
quero lembrar… por máis que Atocha teña unha orixe aparentemente non ghalegha,
pois (ollade ghúghel) tanto nomea a serto esparto como a serta virxe primitiva
muito madrideira ela…
Como tan madrideira ou matritense como a ghlorieta de
Atocha évos a ghlorieta de Callao, a cal, lembrando a batalla peruana, evoca un
vulghar callau, callou ou con noso, que
seghundo alghúns deu nome de mariñeira
xinea (con toda probabilidade ghalegho ou portughés, por máis que se lhe dá nai
fransesa –caillou-) a ese porto do Pasífico americano… se ben non falta o
filólogho enxebre que lle dá á palabra orixe netamente amerindia… ai que leria,
machiños!
Ningún comentario:
Publicar un comentario