Sabido
o meu pensamento sobre do politeísmo do catolisismo considerado monoteísta
(contradisión na que non parese ter caído o protestantismo cristiano en xeral)…
aghora dei en descubrir o animalismo
ou soofilia de dito credo eurasiátio. Pois como animaleiro ou bicheiro que son,
puxen os meus miolos nos moitos seres animados (non humanos) nos que se apoia a
Igrexa católica, fora o ghato, que eu saiba, o cal, dada a sua naturesa
semiselvaxe, non lle acaería moito…
Pero
aí tedes, no vello testamento, as langhostas ou saltóns, a balea de Xonás ou a
serpe de Eva (pois con ela comunicou, non con el). E máis acá, fora as aas dos
anxos –cousa un chisco noxenta que os fai uns trans… non sexuais, pero trans…
algho-, está o pelícano –outro becho pouco engrasado, que din os portugheses-
pola sua truculenta actitude semisuisida, todo o heroica que queirades… se
serta fose. Tamén non hai que esqueser a ághia do evanxelista aquel.
Ou a
ditosa pomba, que, se mal non lembro, a maiores de lle dar a boanova a Noé, no
novo testamento subiu de categhoría, para ser nada menos que unha das
manifestasións do “deus uno e trino”… para acabar sendo a pomba da pas –supoño
que a diferensia entre as duas estribará en que a primeira non caghará, digho
eu, é que me resisto a sequera suspeitar tal. Non sei que caste de paxaro era
aquel do vilansete cabanilliano que eu resitaba de neno (sen o entender,
sospeito): “A Virxe fia no fuso…” (mentres o seu home fasia paxaros de madeira
que o Neno soprando neles fasía voar).
Logho
están, no terreo mariño, o peixe, tan dos cristiáns primitivos, e ata a vieira…
baleira, iso si, pois a carne comeríana aqueles famentos antes de a usaren de
culler pereghrina (tan ghregha ela como as ostras do ostrasismo).
Pero
os que se levan a palma sonvos os mamíferos, fora a ialma! A comensar polo asno
de Cristo, e a seghir polos susesivos cabalos de Xurxo, Paulos e Iago. (O tal
Iago, pescador de orixe, viríase neghro para montar animal tan alleo á sua
mosidade ghalilea, e porriba para participar bélicamente como partisipou).
Ao
porco, en troques, pouco o quixeron, influensia, sen dúbida, dos semitas (dito
en moderno: palestinos e xudeus) inspiradores destas crensas que tanto éxito
acadaron fora das fronteiras medioorientáis.
Outro
evanxelista optou polo león e ainda outro, para compensar, polo boi. E xa, sen
querelo, estamos na nosa realidade rural, co año (añusdéi), a ovella (número
sen, ou ovella neghra) e máis co can (de palleiro, seghuro, de Roquiño) e o seu
fero parente o lobo (de Fransisco).
Ningún comentario:
Publicar un comentario