xoves, 29 de outubro de 2015

Cando o demoño tentador era unha serpe



O demo tivo todas as formas horrendas que en cada momento a xente se puidese imaxinar. El foi cobra, dragón, cabrón, cabalo desbocado, e ata león, gato, mouro ou negro. Unhas veces era o inimigo guerreiro e outras o veciño que botaba o mal de ollo, pero sobre todo o diferente, o que non era da mesma lei, cor ou relixión. 
          Pero na Idade Media floreceu a idea máis misóxina coñecida, e o demo, a pesar de levar artículo masculino, tiña cara de muller e corpo de serpe, tetas e cabelo, e aínda a maiores, o rostro da becha era moitas veces o rostro de Eva, a nai da humanidade, a quen lle debíamos dar grazas polo pecado cometido, e sen embargo ponse por ser a primeira mala muller, prostituta, sedutora, enganadora e tentadora muller que arruinou ó probiño de Adán e lle deixou o estigma do pecado orixinal á humanidade.
Hai que ver o mala que foi a nosa primeira nai.

Ningún comentario:

Publicar un comentario