sábado, 10 de outubro de 2015

O KORRUNTXO DO OKUPA




Ata que punto, perghúntome, pertensen á miña rasa estes conxéneres, ghuapos por definisión, que tanto se asicalan, desde as unllas ata a pelusa pelífera, desde o rostro ata o cabelo, digho, cando o fan extremosamente, case compulsivamente? Haivos tanta distansia entre eles e min, como entre unha ághia e un ghorrión...

Ultimamente mesmo dei en considerar hortera a gravata, que só usan xa os chamados executivos -ou iupis- e os futbolistas (estes e os seus técnicos raiando no ridículo, talvés para compensar a mala facha que teñen no campo... inanque non tan mala, acho, como a dos balonsetistas, con esas roupaxes frouxas e desaxeitadas, a todas luses ghrandes para lles deixar libre movemento, xa o sei. (Como horteras viñeron resultando, co tempo, os peinetóns coa sua mantilla levados por esas autoditas donas tradisioneiras, vaites!).

E iso que disque o metrosexual xa pasou ou está pasando de moda... palabra, moda, mellor dito, consepto noxento onde os haxa, da que os animais e os nudistas (por ese orde) se van librando. Non quere isto disir que eu pretenda inmiscuirme na vida deses espesímenes meus próximos, nin moito menos, só que cada ves que os cruso, nos vexo como de planetas diferentes...

Supoño que a ghuapesa ou belesa deles, como a delas, será case sempre determinante para que elas e eles adopten eses xeitos requintados ou superexquisitos de vestir e se asicalar: é aquilo que se adoita  afirmar das xoves, que calquera cousa que se poñan acailles ben, dada a sua prestansia xuvenil... Tamén non quero, no que ás féminas respeita, disir que non sei apresiar o realse que os afeites causan nos seus físicos, mesmo cando non moi aghrasiados, que é cando máis falta farían, se imos ao caso... Mesmo referíndonos aos perfumes con que (tanto máis que eles) xoghan cara á sedusión: esas chamadas “armas de muller”.

Sei apresiar a belesa dunha muller de carne e oso, como a dunha modelo de pintor renasentista ou prerrafaelista, mais sigho querendo disir que as vexo como doutros planetas. E tamén como obxectos, si, obxectos sofisticados que, quen sabe se por tras desa distinsión impostada -tan lonxe da natural por veses- hai algho que valla a pena humanamente falando. Ighualiño valería para os/as de “sanghe asul”, que só levarían como avantaxe, estes si, o seren distintos (ou sexa, distinghidos, non destinxidos!) por naturesa, criansa ou heransa: co que, tamén estes, me resultan extraplanetarios.

Como falaba estoutro dia, e cambio de tema, que xa fede!, o Marías deses “insoportábeis proghramas de cosiña das televisións” ou superchefes que, xunto co infumábel Santiagho Seghura, están ondequer, como nos afirmaban que estaba deus...

Ora, que manía cos eufemismos, cando querendo significar outra cousa, disimos que Fulanito e Menghanita están “saíndo”... cando do que se trata, na verdade, é de deitárense e/ou durmiren no mesmo colchón...

Évos como o eñe tan teimudamente defendido polo español de pro: serto que é un invento “nasional”, mais ollade qué vida lle resta a partir do alfabeto informatiqueiro... Pensar que hoxe só é usado o tal eñe por castellanos e bascos... malia o nasionalismo destes: uns e outros deberían retornar ao antigho nn (ighual que conservaron o vello ll) e deixarse de lerias... carinno!

Ningún comentario:

Publicar un comentario