Aínda que as crónicas nos
advirten que non era casa moi poderosa, si aseguran que traía de lonxe a
liñaxe, tan apreciado do rei que un Vasco Pérez de Meira levou a cidade de
Alxeciras como premio ós seus bos servicios.
Desde tal punto, e tendo
fronte a si as terras africanas, o de Meira non dubidou en procurar novas
amizades, o que lle permitiu cartearse cos mouros que habitaban ó outro lado do
mar facendo negocios máis de contrabando ca de comercio.
E foi que un día, os amigos da outra bando do mar, pedíronlle socorro pola moita fame que pasaban, pola falta de colleitas ou por mal gasto do que tiñan, e o nobre de Meira socorreunos. Pero unha vez socorridos, os mouros cruzaron o m ar e puxéronlle sitio a Xibraltar ata tomar a cidade coa axuda de Vasco Pérez de Meira, que con tal acto gañou a inimizade do rei que tan ben e tan esplendidamente o gratificara, e houbo de fuxir quedando así abatida a casa de Meira, tal e como nolo conta Vasco da Aponte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario