Por
Ahcorb Adrog
Cada vez
que vou a Madrid procuro acercarme á calle Atocha, e a poucos metros de onde
estaba o despacho de avogados laboralistas asasinados na transición, vou ver a
escultura que lle dá volume ó cadro “O abrazo” de Genovés, esa obra que marca
un tempo novo e de esperanza na vida social e política do país, pero tamén, a
partir dela, toda a obra do valenciano trocou e abriuse á cor.
As masas de xente por el pintadas, que van alienadas, en
grupos, fuxindo despavoridas, seguindo un camiño marcado por un líder,
revelándose contra ese mesmo líder outras veces, movéndose no espazo que lles
marca o marco do cadro e ata saíndo del como seres observados desde o espazo,
cobran identidade propia se nos acercamos e os miramos en detalle, cada un coa
súa cor, pero tamén cun elemento distintivo que o singulariza. Genovés non
pinta a masa, pinta a humanidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario