venres, 23 de outubro de 2015

Escorpio



Orión era, fillo de Poseidón, guapo e ben formado, que presumía de bo cazador e de ter todas as mozas que quixese.
Casou, como era de agardar, coa máis guapa da contorna, pero como era moi fachendosa e se quixo comparar con Hera, a esposa de Zeus, foi  castigada cunha morte prematura.
Máis unha vez viúvo, Orión non dubidaba en percorrer fiadas e muiñadas, e así atopou a outra moza (herdeira dun pazo real) con quen tras unha noite de festa e borrachera, aínda que ela non quixese entroulle ó dormitorio, onde o atopou o pai, apresouno e condenouno a quedar cego e abandonado nunha praia onde un oráculo lle dixo que recuperaría a vista poñendo os ollos cara a nacenza do sol.
Xa curado, volveu Orión ó seu oficio de cazador sen perder as mañas de conquistador de doncelas, e unha noite de lúa atopou a unha moza no bosque, e tamén quixo posuíla, sen decatarse que era a mesma Artemisa, a deusa da caza, quen o ver as intencións do mozo e que non daba polo aviso para que a deixase, apurroulle un escorpión xigante que, tras longa persecución, mordeuno e matouno.

Logo Zeus, puxo a Orión no ceo en forma de constelación e ó escorpión ó outro lado, para que pola eternidade aquel houbese de estar fuxindo do arácnido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario