Castelao e o Uruguai
O Curmán de Undochán
Así se intitula, só que en español, o libro que o Prof. Zubillaga, co subtítulo “Etapas de una relación entrañable”, publicou baixo o patrocinio da Universidad de la República e a Xunta de Galicia, en 2004 (ver Crón. 21), onde recolle, en 165 páxinas, os principáis eventos do Guieiro en terras orientales, no período 1940-1948, eficazmente resumidos en seis páxinas de “Cronología”, e complementados cun “Apéndice documental” doutras 60 páxinas e outras 33 de ilustracións do máximo interese.
Non foi esta a primeira vez que o intelectual uruguaio (con raíces maternas en terras de Ribadeo) abordou a figura do rianxeiro: o Patronato da Cultura Galega, entre as suas duas ducias de publicacións, antes de “Castelao: prosa do exilio” (1976, do porteño-galaico Ricardo Palmás -1940-1996), tirara do prelo “El problema nacional de Galicia” (1974), asinado por Zubillaga, con numerosas e esperables referencias a Castelao.
Dos
seus continuos arribos a Montevideo –desde Europa e América e,
particularmente, desde Buenos Aires- poderíamos destacar, pola sua
maior duración, catro estadías de Castelao en terras uruguaias:Castelao e Virxinia en Punta del Este, s/d
(Do arquivo de Manuel Suárez Suárez)
1.Quince días de decembro de 1940: fala pola radio “Ariel” en tres ocasións (duas delas reproducidas no Apéndice) e dicta unha conferencia en Casa de Galicia.
2.Cinco días de abril de 1943, co obxecto de participar no magno acto de lembranza do 14 de abril de 1931, que ten lugar no Estadio Centenario (ver cartaz en riba, non incluido no libro de Zubillaga) e no que interveñen, ante máis de 50.000 asistentes, Barcia, Miaja e Mz. Barrio (polos republicanos españois), Aldasoro, Serra e Castelao (polas suas tres nacións) e Batlle Berres (futuro presidente da República), Frugoni (presidente do Partido Socialista) e Sánchez (parlamentarios uruguaios). Texto del, de tres páxinas, tamén reproducido no Apéndice.
3.
Varias datas de 1944 e 1945, en que asiste á inauguración dos
monumentos a Companys (1944) e á Árbore de Gernika e a Azaña
(1945), así como á instalación do Consello de Galiza (15-11-1944).
Capa
de Seoane
4. Vinte días de xuño e xullo de 1945 en que inaugura a exposición dos seus álbums Nós e os tres de Guerra, e pronuncia importante discurso no 9º aniversario do Estatuto de Autonomía.
Os galegos do Uruguai pagaron ao líder nacionalista bautizando (1970) unha rua co seu nome e instalando en Rianxo un seu busto (1975), a rua a primeira no mundo, o busto, o primeiro na Terra Nai. (En tanto os veciños porteños teñen, hai anos, un monumento a Castelao na avenida 9 de Julio, Montevideo non conseguíu instalar un busto como o de Rianxo, xunto ao de Rosalía, na praza Galicia).
Frase extemporánea (traducimos): [Convivía connosco] “unha maravillosa rapaza, neneira nosa que fora, case tocaia de miña nai (mamá María Sánchez Maceiras e ela María Maceiras) e procedentes da mesma aldea de Galicia, ambas afervoadas partidarias da República española” (Mariano Arana Sánchez, 1999, intendente de Montevideo -1994-2004- e futuro ministro da Vivenda -2005-2008-, a máis de fillo adoptivo de Arteixo -2004).
Ningún comentario:
Publicar un comentario