Fidalgos emigrantes
O Curmán de Undochán
Francisco Gil Taboada de Lemos |
Dalgúns xa falamos –inevitábeis reiteracións nestas crónicas con recurrente cariz emigratorio- e doutros falaremos agora. Nen todo o que emigraba era campesino ou mariñeiro, nen proletario, nen moza de servizo, nen fuxitivo da milicia ou do seminario, nen mesmo profesional aventureiro… tamén se deu a partida de fidalgos segundóns pobres… ou non tanto, que tamén os houbo: polos seus apelidos os coñeceredes.
Dos Amenedo Montenegro, Pereira Moscoso, Piedracueva e Varela Bermúdez, Pz. del Villar e Rioboo, De Castro ou Da Porta Monterroso, mesmo dos Varela e Ulloa (este como funcionario), xa dimos noticia. Entre estes que viñeron como enviados da Coroa, non sendo en rigor emigrantes, estaban os dous que seguen.
Tal foi, para empezarmos, Francisco Gil Taboada de Lemos, orixinario do pazo de Soutolongo (Lalín, 1733), personaxe o máis empoleirado que por estes pagos pasou. Exerceu de gobernador das illas Malvinas, con sede no Apostadero Naval de Montevideo. (Cos anos chegará a vicerrei de Nueva Granada – Ecuador, Colombia, Panamá e Venezuela actuáis- e aínda do Perú, e logo a ministro de Mariña na metrópole, morrendo en plena invasión francesa).
Torre da Penela |
Internémonos, pois, en terreo non oficial, no campo da emigración pura e dura. Onde nos limitaremos, como exemplo, a duas figuras opostas: Márquez e Díaz. Caso pintoresco de vez o deste José Ramón Díaz Mariño de Lobeira, vigués que se abaixou a vivir do seu negocio, un prosaico “café con mesa de billar” na Ciudad Vieja montevideana, deixando herdeiros reducidos nominalmente a simples Mariños.
Canto a Claudio Márquez Pose e Bermúdez de Castro, oriundo de Corcubión (c. 1728), con vínculo materno en Romarís-Tines-Vimianzo e na Torre da Penela-Silvarredonda-Cabana, mandou ao fillo no seu testamento (1808) facerse cargo desta sua propiedade, manda que este nunca cumpriu indo a Galicia.
Deixáballe
clariño “un vínculo de mayorazgo en el lugar de Romarís, a cinco
leguas de la villa de Corcubión, compuesto de seis cargas de trigo
de renta anuales, pagadas por tres caseros, una antigua casa
solariega donde han nacido los Poses y Bermúdez y Varelas, con su
escudo de armas a la puerta principal, casona de altos con un
sobrado, aperos y una yunta de bueyes para su labranza, más dos
casas en el mismo lugar” (cit. R. Goldaracena, 1976). Non achades
que este ricacho pecou de inxenuo duas veces?: primeira, pensando que
todo aquilo de medio século atrás, podía seguir tal cual; segunda,
coidando que o tal fillo lle ia seguir a corrente…Mariño de Lobeira
Importante
terratenente, foi un dos que nunca voltou, deixando –a exemplo de
moitos dos citados ao principio- longa e destacada descendencia,
entre a cal paga a pena detérmonos en seu neto Ramón Márquez
(1834-1875), mártir cívico na defensa do voto democrático
que naquela altura estaba en perigo nesta novísima república.
Frase extemporánea (traducimos): “O Uruguai foi a Suiza de América (expresión verdadeiramente gafe, se temos en conta que o Líbano foi a Suiza de Oriente Próximo), e diso hai xa moito tempo. E dese tempo pasado, para o uruguaio de hoxe, resta tan só o pracer da nostalxia, de saber que noutrora foi un país incluso rico, amáis de modélico.” (Luis Goytisolo).
Ningún comentario:
Publicar un comentario