Santo
Antón, santo Antoniño
santo
Antón o cacholeiro,
casei
polo santo Antón
volvín á casa solteiro.
Así
que xa sabedes, mulleres que isto ledes, non confundir ó santo dos animais co
santo dos galáns.
Como sabedes, hai unha confusión manifesta entre o santo
Antón Abade, ermitán do século III e o santo Antonio de Padua, freire
franciscano do século XIII; e para evitar confusións innecesarias, a voz
popular advirte en verso, desde o momento no que o varón, o mozo ou o galán que
necesita da súa axuda lle lembra ó animal que lle serve de atributo:
Santo Antón, santo Antoniño,
dáme
forza no carallo
coma
ó porco no fociño.
É evidente que, quen tal cousa lle
pide a un santo, ou anda moi necesitado ou é un bruto.
Tamén polas terras castelás se
invoca ó santo das mozas e se confunde co dos animais para logo lamentarse a moza
do home que lle tocou, , talvez por ter demasiada presa e non agardar ó mes de
xuño para facer o pedido en condicións:
Le
pedí a san Antonio
un mozo como un castillo
me
engañé de santo y dióme,
una
bestia por marido.
Claro que, aquí, a confusión é máis
doada de entender, porque tanto o santo do 17 de xaneiro como o do 13 de xuño
teñen o mesmo nome.
Ningún comentario:
Publicar un comentario