Co aumento das horas de luz, celebraban
en Roma unha festividade en honor dos xemelgos Cástor e Pólux, sempre cara
finais de mes, os protectores dos mariños, cando o día xa se ve medrado, pois
que foron eles quen venceron os piratas nas illas gregas, e foron quen de
acompañar a Xasón na procura do Vélaro de ouro, durante unha travesía na que
calmaron unha tormenta e anunciaron a mellora do tempo amosando sobre as súas
cabezas unhas luces que se coñeceron como as luces de Cástor e Pólux, as mesmas
que hoxe chamamos as luces de san Telmo. Estes xemelgos eran os garantes dos
tratos comerciais e no seu templo custodiábanse os testamentos, os acordos e os
convenios, pero tamén eran invocados para guiar ás almas dos finados polos
camiños do Máis Alá, e curiosamente celebrábanse xusto ás portas dun novo mes
que leva por nome o dunha das divindades do Alén.
É
curioso, pero o pasado día 25, celebrou
a Igrexa a conversión de san Paulo. Xa sabedes o conto, cando o de Tarso ía no
seu cabalo para perseguir ós cristiáns e unha luz o derrubou e lle fixo ver a
verdade e a equivocación na que ata aquela viviu.
Estamos
pois nuns días en que a luz cobra protagonismo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario