Por Pura
Tejelo
As
bailarinas teñen o corpo esforzado pola disciplina e o sacrificio.
Os seus perfís son o debuxo dunha nota musical, precisos,
elegantes.
Pero fíxate naquela . A da esquerda, esa que se aproxima , agora. O corpo
desta muller, míraa, contempla o que estamos vendo. Hai unha pequena
redondez á altura da nádega, onde rematan as coxas, unha curva suavísima,
biolóxica , unha pequena reserva natural, tan sensual. Mesmo sobe
á altura das súas cadeiras, imperceptíbel, pero que fai que a
súa danza sexa tan diferente. Creibel. O seu corpo non é
demasiado alto e a delgadeza non é extrema, é a muller na xusta idade.
Podemos supoñer que foi reprodutora, por iso é aínda máis
apetecíbel. Observa o seu ventre, cantas veces soñaríamos ti mais eu cun
ventre así, como unha suave almofada . No centro o embigo, agora cando se
estira e alza os brazos, o ventre tórnase tan plano que confunde, como o
das adolescentes, pero mira, qué tranquilidade, qué seguridade, cando se agacha
e retorna o seu aspecto natural. Debe ser como un lugar en que soñar cercanías.
Se vas levando as mans polo seu corpo tópaste con que se vai estreitando
. Poderías bailar con ela , pórlle un brazo arredor do van e levala polo salón
adiante para a envexa de todos. Magnífica. A unha muller así
gustariame bañala, e ter unha esponxa diferente para cada parcela do seu corpo.
Agora sente este pianísimo, tantan, tantan...( E ía seguindo coa cabeza a
música. Eu asentía compracido e cómplice).
Un corpo novo ten músculo, pero ela, ten color. Os focos de luz douran un trozo
de carne mais ca outro, como unha escultura con sombras. Con relevo. Por
iso a súa danza é tan completa. Redondea as notas, os pasos. O compañeiro
de baile faino en zigzag pero ela é unha auténtica espiral de música vivida.
Arrastra. Respira. Escoita, é como se latese perto de nós.
Ten as pernas interminábeis que se prolongan ate o brazo cando o levanta . Sabe
o que está facendo. Dos pés á cabeza. A punta dos dedos teclearon
tormentas e ceos de verán, por iso aproveita ese paso, tan solemne, tan
cercano que dá calofrio e á vez desexo, porque non inhibe parte ningunha do
corpo. Deixase ir. É a madurez , amigo. Unha
profesional, en plena madurez. Máis ou menos como a túa e a
miña, que xa sabemos mirar todo. En perspectiva, na súa completa
harmonía. Todo
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario