Non
faltan nesta época do ano os santos ermitáns, aqueles que buscan a paz na
soidade e nos seus propios pensamentos, á fin este é un tempo de non andar a
beber o vento. Pero aínda que sexan santos máis preocupados por quedar ben coas
súas divindades, non deixar de servir como intermediarios para ben dos devotos.
Contra
o reumatismo e a dor de ósos invócase no quince de xaneiro a santo Amaro aquel
que buscando o paraíso renunciou ó seu cargo de abade de mosteiro e embarcou
con rumbo a Terra Santa, máis cando o barco en que ía atracou nunha praia para
facer víveres, el retirouse a rezar, e tan a gusto estaba e tan fermoso era o
lugar encontrado, que se esqueceu de volver; e o que para el só eran uns
minutiños para o resto dos mortais foron trescentos anos que pasaron. E agardando
por el crearon unha cidade, tiveron fillos, netos e netos deses netos. Tan velliño
era e sen embargo volveu como se fora, só coa barba medrada.
¡Como
non van festexalo en Lañas (Arteixo), co apelativo de santo dos vellos!. Méritos
non lle faltan ó bo homiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario