domingo, 31 de maio de 2015
venres, 29 de maio de 2015
Alexandre Finisterre
![]() |
Alejandro Campos Ramírez |
Non lle é difícil a ninguén atopar a biografía deste fisterrán, Alejandro Campos Ramirez, máis coñecido por Alexandre Finisterre,
testamenteiro do poeta León Felipe, pero sobre todo, o inventor do futbolín; un
invento que desenrolou por compaixón, mentres estaba convalecente das feridas
de guerra para cuns cativos que sufrían nun hospital catalán por non poder
xogar ó fútbol coma calquera outro rapaz.
Despois de moitas vicisitudes, tras patentar o seu invento en Barcelona
durante a guerra e de perder con ela os dereitos da patente, volveu a patentalo
anos máis tarde en Guatemala, e hoxe todos lle recoñecemos os dereitos
lexítimos de tal invento, esquecendo sen embargo outros non menos meritorios
como un pasador de follas, ou como o de ter sido o creador de distintos
periódicos de ideoloxía republicana, o primeiro editor de Ernesto Cardenal ou
correspondente da Real Academia Galega.
Hoxe, a casa onde el naceu é unha ruína na que só se manteñen en pé as
pedras da fachada e esta placa dar testemuña da súa orixe, pero non estaría de
máis que alguén se lle ocorrese remodelar o edificio e crear un museo do
futbolín, por exemplo.
xoves, 28 de maio de 2015
Unha cruz solar en terras de Bergantiños
Esta cruz, de aparencia tan basta, dándolle as costas ós salseiros que
baten nas abruptas e escarpadas ribeiras da Costa da Morte; semella marcar a
fronteira entre o perigo e o sosego. A súa presencia quizabes naceu dunha fe
sen propaganda ou dunha antiga crenza que despois bendiciu o cristianismo, e
perdura sen máis folclore que o sentimento de cada quen. No seu centro non se
representa ó fillo de Deus, senón ó mesmo Deus da eternidade, ó que lle deu
vida a este mundo e lle dará a morte se algún día desaparece, o círculo do sol,
a roda da vida; o máis omnipotente dos deuses, o que todo o perdoa, o que
sempre está disposto a mandar unha raxeiriña que faga acougar despois da
chuvieira, pero tamén o que castiga co sollazo abrasador como se mandase o
mesmo lume do inferno.
Na linde dunha finca, ela marca a fronteira entre o doméstico e o salvaxe,
entre o propio e o alleo lembrando que sempre hai algo que dura máis cos bens
da terra.
mércores, 27 de maio de 2015
Reinoso o primeiro que anunciou a vitoria

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)