Presidentes: 11 + 3 non dá 14
O Curmán de Undochán
Por iso a nosa lembranza de hoxe para aqueles uruguaios fillos ou netos de galego ou galega, que chegaron a detentar a primeira maxistratura deste país. E faremos duas excepcións, que son tres: a do recén chegado presidente Luis Lacalle (fillo) (2020-2025) –por non ficar claro que fose coruñés o tatarabó Carlos Lacalle de seu pai, Luis Lacalle (pai) (presidente 1990-1995)- e a do seu antecesor no cargo, Tabaré Vázquez (2005-2010 e 2015-2020), por xa termos falado del (Crón. 58).
Daquela, faremos o percorrido cara atrás, só indicando o correspondente período de goberno de cada un. Así topamos co presidente Xeneral Óscar Diego Gestido Pose (apenas 9 meses de 1967, por morte no cargo), fillo de galegos, o pai de Cangas de Morrazo, onde se concentra dito apelido.
Outro militar presidente foi o Xral. Arquitecto Alfredo Baldomir (1938-1942), fillo do coruñés Francisco e sobriño do mestre José Baldomir, quen foi o primeiro mandatario electo co voto femenino, recén conquistado. (Teríamos que computar un ano máis en que exercéu de facto). De Claudio Williman, presidente (1907-1911) tamén temos tratado (Crónica 44).
Julio Herrera y Obes Martínez foi un destacable presidente (1890-1894) –con dicir que morreu pobre abonda, nonsí?-, pertencente a unha familia patricia –tío dos tres curmáns famosos: Julio Herrera y Reissig, poeta, Ernesto Herrera, dramaturgo e Carlos María Herrera, pintor-, era neto de Juan Francisco Martínez Moldes, vigués de Cabral, gran comerciante en Buenos Aires. D. Julio mesmo pasou á historia polo seu romance eterno coa moza Elvira Reyes del Villar (neta ela mesma doutro galego, o médico Pedro Antonio del Villar, de Filgueira-Crecente, aquí instalado), mortos solteiros os dous.
Gabriel
Antonio Pereira
Caso
non menos pintoresco é o de Francisco Antonino Vidal, médico, que
ocupou cinco veces a escorregadiza presidencia, entre os anos 1879 e
1886… neto de Blas Vidal e Pascuala Gosende, dos Ánxeles-Brión.
(Xusto é recoñecer que nesa época o voto cidadán estaba abondo
limitado). Pedro José Varela, un breve presidente non moi valorado
(1875-1876), era neto dun tal Pedro Varela, español.
Pero máis breve foi Tomás Villalba, fillo do galego Antonio
Villalba Coba: apenas días de 1865!
Importante, en troque, foi Gabriel Antonio Pereira (1856-1860), fillo do fidalgo coruñés Antonio Pereira Moscoso (Crónica 28).
Para compensar tanta xeira democrática, aí temos o chamado período militarista (1876-1890), detentada a presidencia da República por senllos ditadores (con algún breve lapso constitucional): Lorenzo Latorre, fillo do galego Lorenzo da Torre Insua, en cuxo mandato houbo destacados avances; Máximo Santos, moi amigo do luxo –chamado o pequeno Napoleón III, Crón. 39-, fillo do probabelmente ferrolterrán Bartolomé dos Santos Seijas; e Máximo Tajes, neto de Juan de Tajes, de Ponte do Porto-Camariñas (Crón. 9).
Unha de fútbol: Consultado o escocés John Harley (1886-1960), radicado no país, un dos iniciadores deste deporte aquí, sobre o motivo dos triunfos celestes (1924, 1928, 1930), dixo que “os uruguaios naceron para o football” e esas vitorias baseáronse “na táctica, porque posúen a axilidade precisa e a inciativa oportuna; o xogo deles é elegante e alegre, carece de violencia, que é innecesaria, pois fanse máis goals coa abelencia que coa forza.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario