Miniatura do códice de “Les très riches heures Du duc de Berry" |
Os cortizos de argamasa co seu cume nevado.
Como a corte
e o pendello das ovellas.
Como o balado que envolve o lugar.
Todo ten forma primixenia circular
A cancela pecha a casa, o silo, os enxames, os barrís,
a corda dos sacos das gavelas.
No chan os corvos peteiran o cereal ciscado.
Unha alma protéxese da friaxe cun manto
e cruza o espazo alancando.
O pobo afundido do souto recóllese
na mirada baixa das súas portas.
En torno á igrexa de alta torre bicuda
como as árbores da serra
o fume en mechas pérdese
polas alturas
atrapado pola contra
no vestido azul da praza.
(Do libro “As Horas de Hanna”, edit. Urutau)
Ningún comentario:
Publicar un comentario