Por Far O'McKwoo
De
como Ulises dicide apurar a resolución final.
Saíu
Euríclea:
–Meu
fillo, tes os mesmos andares ca teu pai.
Ulises,
colléndoa da man levouna a unha apartada calella onde a abraza e lle
agradece non telo descuberto, pois quere ver se Penélope aínda lle
garda lei; e iso nin se pregunta publicamente nin de repente. Entón,
a veciña, sentíndose confidente, cóntalle canto sabe e aconséllao:
-Se
ela en tantos anos che gardou a ausencia agora só ti lle podes sacar
da porta ós lobos que a acosan.
Ulises
fálalle de Penólope como a luz dun faro chamando por el aínda que
as ondas, os ventos e a resaca o apartaban da costa con retorcidas
intencións. Ela era como un imán que atrae á diminuta agulla
perdida na cesta da costura, entre os fíos e os retallos que se lle
atravesa no camiño. Esa presencia invisible pero constante. E agora
aquí o está, indeciso por non saber ou non se atrever a emproar
decidido entre os cantís que lle dan abrigo ó porto patrio, por
terse que presentar coas mans baleiras, porque a vergoña que viste o
fracaso, neste intre, pesa máis co desexo de retorno.
Co
rostro tremendo entre o sorriso e a emoción, a Euríclea de súpeto
branquéalle a pel tal que unha luz interna a atravesase:
-Meu
fillo, o verdadeiro amor é como unha muleta de carne e óso, que
tanto serve para apoiarte ti como para que se apoien en ti. Pero
dunha muleta nunca se sabe se é boa ou mala mentres non tes que
usala.
Si,
pero el, que non trae fortuna, ¿que pode ofrecerlle cando outros hai
que a vestirían de ouro se ela quixese?. El que só é un desafecto
membro dunha comunidade á que volve co único desexo de recuperar o
lugar que nunca debería ter deixado por mor dese desmedido afán de
procurar a fortuna. El que marchou eufórico e volve humillado. El
que foi, xusto é recoñecelo, un temeroso da realidade que naquel
intre se lle botaba enriba. E cando hai medo foxes, foxes sempre, ás
veces polo bo camiño e outras polo malo. Cando hai medo colles o
primeiro roteiro que atopas aberto, e tantas veces confundes o
luminoso co iluminado. Pero agora non é medo o que ten, senón
vergoña por volver de mans baleiras por sentirse aldraxado por todos
aqueles que se aproveitan da súa desgracia. E Euríclea trata de
convencelo de que non tema recoñecerse diante dela, pelexar con quen
o aldraxa, e darse a valer sen medo ó fracaso, porque só fracasa
quen se acovarda e non lle fai fronte ós problemas.
Si,
Euríclea ten razón, Ulises necesita arriscar, dar mostras da súa
honestidade fronte ós seus e fronte a aqueles que o tomaron por
moinante e desarraigado aínda despois de deixar á vista o colo
limpo da súa camisa.
Nas
aparencias e nas ideas preconcibidas tamén se aplica a lei da
inercia, e esa forza é a que ten que aproveitar para vencer, para
arredar definitivamente ós pretendentes da súa desgracia.
Ulises,
o outrora inseguro, tras ver a Penélope e escoitar os consellos de
Euclídea, séntese con máis forzas para levar a cabo o seu plan.
O
primeiro será acordar con Eumeo, que arestora anda polo peirao, unha
estratexia que lle axude a executar o desenmascaramento dos
pretendentes. Non hai outro camiño para que a paz volva ós seus.
Necesita ser el quen trace a rota e marque os tempos, pero necesita a
colaboración de Eumeo. Tamén lle pide que faga por encontrar a
Telémaco, que baixo a aparencia de neno inocente será de grande
axuda.
Ulises
reúneos na cetaria e dálles as pertinentes instrucións.
Despois
disto, o retornado entra no cíber-café de Néstor para mercar un
MP3 e mandarlle un e-mail a Hermes, poñéndoo ó corrente do que
sabe e do que pretende, para rematar co acoso de que os seus son
vítimas.
Para
controlar a situación, facendo valer a imaxe que del teñen, Ulises
aínda vai á procura dun dos compañeiros de Antínoo, arrástrao a
un apartado para ofrecerlle os seus servizos “comerciais”,
asegurándolle que ten clientes potenciais adoecendo por esa
mercadoría que el probou a noite anterior, asegurándolle que pode
sacar unha boa partida dela a troco dun pouco de costo para el.
-¿Seguro
que es quen?.
-Seguro.
-Ti
vén á cea que gañaches e xa falaremos.
E
ó momento, nada máis darlle as costas, Ulises viu polo rabo do ollo
como aquel chamaba por teléfono, sen dúbida a Antínoo, para
contarllo.
(Próximo capítulo: De
como Ulises xera temores pero acepta a proposta de converterse en
“camelo”)