Acaba
o mes de abril, este mes que na Roma clásica empezaba celebrando a apertura da natureza co abrollo
das flores e remataba coa invocación a
Flora, a deusa de todo o que florece, nuns festexos que se alongaban desde o
vinteoito de abril ó tres de maio, unhas datas propicias para suplicar
pola protección dos primeiros gromos, e como Murguía nos conta que se
facía na bisbarra de Noia, onde os paisanos, subindo a un outeiro prendían unha
fogueira arredor da que danzaban cantando en favor dos primeiros brotes do
cereal:
¡Lume, lume! Vén ó pan,
Deus che dea moito
gran;
cada gran coma un
bugallo,
cada pé coma un
carballo.
Será que despois de que o sol se pon tamén as flores
perden vigor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario