E ás
doce da noite é o momento da celebración da resurrección de Cristo, rodeada de
toda clase de simbolismo, desde o mesmo nome que se lle dá de Misa do Galo, ou
misa na que comeza unha nova era, pois se o galo anuncia un novo día tamén esta
misa anuncia unha nova andaina. Resucita Cristo e as campás repenican con alegría,
e dise que neste intre, cando o son das campás proclaman a nova, tamén é cando
os nenos poden comezar a andar. E bendícese a auga que será usada en próximos
rituais para bendicir as propiedades, ou reservada por se hai algún finado na
casa, xunto co loureiro ou oliveira bendito o Domingo de Ramos.
É ó día de agasallar ós afillados coa rosca ou pastel de Pascua, co pan de ovos ou, xa modernamente, cos ovos de chocolate, estreitando así os lazos de familiaridade pero tamén de continuidade da unidade familiar máis alá do que són os proxenitores.

Ningún comentario:
Publicar un comentario