mércores, 2 de abril de 2014

Venus e abril

            

            Entramos no mes da xerminación da natureza, no mes das augas mil. É este un mes que segundo Ovidio deriva o seu nome da palabra aperio, que se traduce por abrir, ou en opinión doutros linguístas que furan ata chegar a palabra grega aphril, quere dicir escuma, en clara referencia a Afrodita, a deusa que, segundo a lenda, naceu da escuma do mar e a quen lle estaban dedicados os primeiros días do mes. Logo Venus quen ata o século II a.C. era unha das deusas protectoras da natureza e do florecemento dos productos hortícolas, herdou en Roma os atributos da beleza grega, e ata Xulio Cesar se prendou tanto dela que se facía pasar por descendente de tal divindade, sen embargo, o seu templo procuraban poñelo fóra da cidade, para arredar das fillas de familia os libidinosos excesos que podía inspirar.

            Venus vén sendo a imaxe da beleza pero tamén da esperanza da xerminación, como a flor que vai dar o seu froito.
     E seguramente por asociación con algunha divindade autóctona galega de época prerromana, o planeta Venus, o luceiro da alba, tamén se chama a estrela panadeira

Ningún comentario:

Publicar un comentario