mércores, 2 de abril de 2014

A estrela matutina.

           

            E Venus fíxose madura. Os seus devotos pedíanlle axuda para encontrar a fermosura ou para mantela, e iso sempre é unha sorte se a tal perdura co paso dos anos; pero indo máis aló como a fermosura da paso á xerminación e á procreación, acabouse asimilando a súa protección á procura dunha boa descendencia, espellada en que dela vén a árbore xenealóxica da que saíu Xulio Cesar, pasando polo mesmísimo Eneas, pai fundador do que logo había de ser Roma, e por iso acadou o adxectivo ou apelido de Genetrix.

            Con todo, e como símbolo da sorte, permanece en Galiza a idea de asociar ó luceiro da alba, o planeta Venus, coa idea de que segundo por onde sae adivíñase o camiño que hai que seguir para encontrar terras farturentas o que lle dá o apelativo de estrela panadeira. E tamén por iso, a esa divindade celeste, en Cervantes (Lugo), tíñase por costume ofrecerlle unha bóla de pan cada vez que se cocía no forno, deixándoa no antepeito dunha fiestra que dese a leste.

Ningún comentario:

Publicar un comentario