O 14
de abril do ano 1246 finou Pedro González, un monxe predicador e confesor, máis
coñecido como Telmo, quen nunca navegou e sen embargo é invocado polos
mariñeiros galegos como unha luz que os guía no medio do mar. E a el se lle
achaca a potestade de acender eses lumes formados por fosforescencia eléctrica
nos barcos que navegan no medio da tormenta. Os lumes de san Telmo que xa antes
foron de Cástor e Pólux.
Cansado
de predicarlle ós soldados de Fernando III, Telmo marchou a Tui para falar cos
pescadores da bisbarra, organizando con eles asociacións e confrarías
profesionais que defendesen os seus dereitos, con tato éxito no material, que
ata cando saían ó mar lle pedían ó santo que rezase por eles, para volver con ben das faenas; invocándoo asemade para calmar as tormentas, por iso san Telmo leva nunha man o barco dos navegantes a quen protexe, e na outra a candela que ilumina os camiños da vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario