Nos
xogos populares temos o de “a chave do muíño” que nos conta don Eladio
Rodríguez, e en que o ben e o mal se mesturan e pelexan entre si ata que se
encontra a chave que os libera e protexe. Tamén na literatura popular cobra certo
significado fálico que se manifesta con pícaras relacións entre o home e a
muller, como naquel conto en que no baile está a parella tan arrimada que ela, notando certo vulto contra a
perna pregúntalle se leva no peto do pantalón a chave e el respóndelle que leva
a pechadura, pronunciada co e pechado.
E
aquí, neste petador ou aldraba, tamén está a chave como símbolo protector e
facilitador do transito, coroándose cunha cruz que enlaza, como tantas veces
vemos, a simboloxía profana e cristiá nun só elemento.
Unha
chave na entrada da casa é símbolo de protección, e unha chave pónselle encima
da barriga a algúns difuntos para facilitarlle o tránsito polos camiños do
Alén, do mesmo xeito que a chave de certas igrexas ou capelas sobre a barriga
da parturenta facilita o parto, como tamén o facilita a chave da casa posta
debaixo da almofada, mentres que outras chaves dalgún templo, tal o santo
Alberte de Guitiriz, previamente quentadas no lume e tocando logo a fronte dos
doentes, curan de males como a rabia. (Ou curaban).
Ningún comentario:
Publicar un comentario