Cando
a casa xa está cuberta, e non antes, os albaneis coroan un dos pinches cunha
rama de loureiro, e logo celébrano cun xantar.
O
loureiro, a planta sempre verde e sempre viva é aquela na que Dafne fuxindo de
Apolo se converteu para non permitir que a súa beleza fose posuída por ninguén,
nin sequera por deus tan fermoso como aquel. O loureiro era a planta con que se
coroaban os olímpicos e os xenerais vencedores, ós poetas e todo aquel que
convertese unha fazaña humana en inmortal obra, pero un loureiro, a falta de olivo, tamén adornaba
en Grecia o lintel da porta da casa onde nacera un neno, avisando así de que
esa familia tiña continuidade. Unha ramiña de loureiro é o hisopo da casa
contra a morte e o malfado, o remedio para espantar bruxas e estadeas. E un
loureiro adorna hoxe a porta das casas onde hai viño novo, en Betanzos e en Ribadavia.
E así
está este loureiro aí, proclamando que a obra xa é casa, xa ten tellado que acubille,
xa pode refuxiar a unha familia e formar o primeiro elo dunha cadea de
imprevisible largueza.
Según teño entendido, na bisbarra do Salnés, algunhos furanchos tenen tamén unha ramiña de loureiro na porta.
ResponderEliminarEn Galicia, nas bisbarras vinícolas, e o Salnés é unha delas, é costume colocar unha rama de loureiro na porta das adegas que teñen viño novo, o mesmo que os gregos poñían unha rama de oliveira na porta da casa onde había un recén nacido.
ResponderEliminarCo tempo, os furanchos, que en orixe eran pequenas adegas, tamén usaron esas ramas de loureiro a modo indentificador dos lugares onde se vende viño e tamén petiscos.