martes, 3 de novembro de 2015

Novembro




Pode ser que Todos os Santos saíron a buscar a santo Andrés e que o foron atopar ó cabo do mes. Como refrán que nos lembre o santoral está moi ben, pero tamén o está aquel que nos advirte sobre o outro grande santo de Novembro, en relación co produto cárnico nacional: Polo san Martiño mata o teu porquiño.
E por cero, que tanto Santos como Sanmartiño, son nomes que tamén se lle dan a este mes na fala popular,  precisamente por ser as dúas datas máis celebradas en todos os ámbitos..
Mais habemos lembrar asemade os avisos meteorolóxicos que indican  “Santos e Nadal ben chover e mellor nevar”, para que nos vaimos previndo e botando man dos abrigos. Sen esquecernos de mirar o estado das despensas, lembrade aquel que sentencia “Ata o san Martiño pan e viño, de san Martiño para diante non hai diaño que aguante”.
En fin que xa entramos no inverno, aínda que falten corenta días para o solsticio, as hortas dormen, as árbores descansan e nós habemos de ter a man mel e limón para os catarros, o paraugas ben disposto, e, sobre todo, o porquiño ben cebado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario