martes, 30 de xuño de 2020
SOBRE A COMPAÑA – VI
luns, 29 de xuño de 2020
CRÓNICAS DESDE O OUTRO MUNDO (77)
Apelidos galegos? e apelidos galegos!
O Curmán de Undochán
![]() |
Fructuoso Rivera (fillo de Perafán de la Ribera) |
Esa tradución para o español, típicamente decimonónica e ainda anterior, podémola ver aí mesmo, na Enciclopedia Espasa (xigante, paradigma de diccionarios e espello dos costumes da sua época), na sua versión dos nomes de pia, non tan grave como sería a dos apelidos, cos que nunca se atreveron estes documentos informativos, así: Guillermo Shakespeare, Juan Bautista Poquelin ou Gabriel D’Annunzio…
![]() |
Cornelio Saavedra |
Todo isto ven a conto dun par de apelidos ancestralmente nosos que hoxe en dia non semellan tal. Vedeaí o Perafán de la Ribera e o Maldonado.
Con todo o lexendario que aniña nas informacións antigas, e, portanto, collido con pinzas, aí temos que os vellos cronistas nobiliarios españois, moi anteriores ao ignorante desprezo que atacou Galiza desde o século de ouro (ver, p.e., Góngora) e despóis, recoñeceron a raíz galega de moitos dos apelidos florecidos en Castela.
Así, de Maldonado din ser “de orixe galega, procedendo da liñaxe de Aldana, na persoa de Hernán (ou Fernán?) Pérez de Aldana, no século XII… quen trocou o apelido tras facerlle unha petición ao rei, que este lle concedéu de mala gana” (maldoouna)… Si, xa sei que parece conto de vellas, mais vou ao feito de un xenealoxista castellano de antano recoñecer a galeguidade dunha liñaxe nobiliaria, non facendo máis que xustiza, poisque era pan de cada dia, desde os longos tempos da chamada Reconquista. Pola nosa parte, temos o dato da relación de Maldonado con Aldao, e este saído do topónimo Aldán (o Aldana de máis en riba).
![]() |
Alejandro Magariños Cervantes (1825-1893) |
Andaluces foron os Saavedra e os Magariños que a estas Américas meridionáis viñeron. O patriota, de orixe boliviana, Cornelio Saavedra (1761-1829), que presidíu a Junta de Mayo porteña, neto dun sevillano de Utrera, ten abonda descendencia en ambas as ribeiras do Prata.
O chamado no seu tempo “rey chiquito”, o gaditano Mateo Magariños (1765-1838), avogado e opulento comerciante, un outro que (Crón. 75) abandonou Montevideo cando a sua caída en mans dos crioulos, deixou no futuro Uruguai numerosas e destacadas xeracións (Cróns, 21, 62). O seu descendente contemporáneo, outro Mateo Magariños, dicía saber que, en recuando, a familia procedía de Padrón.
Anécdota literaria (o uruguaio contra o galego). Nos anos 80, Camilo J. Cela burlouse dos novéis escritores Llamazares e Muñoz Molina. Onetti púxose de parte destes e desafiou Cela coa sua abafante ironía, pois este era para el a metáfora do que nunca querería ser, dedicándose, en solitario, a abaixar o padronés da sua peaña.
domingo, 28 de xuño de 2020
Ver non é crer
Un
xa non distingue entre o real e a ficción. Hai uns meses aplaudíamos a Obama
por dicir sobre Trump verdades como coma castelos, e tamén por chamarlle o que
todos tiñamos en mente, pero logo soubemos que aquel vídeo do expresidente
poñendo a caldo ó actual mandatario mundial era unha manipulación feita a
propósito por un actor, para demostrar como se pode suplantar a imaxe e a voz
de calquera sen que se note.
Hoxe máis ca nunca, ver non é crer. A manipulación está á orde do día, ata tal extremo que aínda non se inventou o aparello capaz de descubrir a verdade ou polo menos de contradicir con rotundidade o que chamamos as deepfakes. Con estas tecnoloxías das trampulladas demóstrase que refráns tan certeiros como aquel de que se colle antes a un mentireiro ca a un coxo quedaron obsoletos. Calquera cun ordenador pode poñer nas redes as palabras máis sorprendentes renegando do divino e do humano. O meu amigo Afonso pasoume un vídeo seu tocando a gaita mellor que Carlos Núñez, pois desde que lle regalaron a táblet fai milagres que a ningún santo se lle ocorrerían.
Esta pasada crise é un exemplo de bulos, trolas, mentiras e falso testemuño que nos obriga a comprobar cada noticia que lemos en todos os medios ó noso alcance, e tan ben feitas están estas trucaxes que a mentira, por disparatada que sexa, é máis doada de crer que calquera artigo selado e rubricado por un comité de expertos. Hai xa un par de anos que prestixiosas revistas científicas nos advertían contra isto, e a maiores afirmaban que a súa perfección é tal que crear programas para desmentilos será case imposible, polo que todo queda no noso libre albedrío, segundo o crédulos ou desconfiados que sexamos. Por iso non podo crer que Miguel Bosé e outros moitos, se fagan eco diso de que nos queren meter un chip coa vacina do coronavirus para controlarnos como se fósemos gatos á xaneira. Non podo crer que persoas aparentemente tan serias como o presidente da universidade Católica de Murcia, asegure que o covid-19 é obra "do anticristo" e que Bill Gates y George Soros son asalariados do demoño para propagalo. Non lle podo dar creto a ese outro vídeo en que todo un exministro nos conta como o papa emérito lle confirmou que sabía por boa tinta que o diaño quere destruír España, por ser os españois tan católicos como somos. Nin podo crer que todo un clérigo purpurado asegure desde Valencia que as vacinas son malas porque se fan con fetos de abortos. Pero se eles mesmos non o desmenten, será que o dixeron e o cren?. O cal me leva a lamentar que haxa tanto papán no mundo, do que se aproveita o malvado ser infernal para inxectar o virulento virus do descrédito, da insidia e do medo.
Tócanos vivir a era das mentiras, fakenews e deepfakes. Sen ir máis lonxe, acaban de pasarme un vídeo de Lorca recitando un dos seus poemas, que me apurei a reenviar coa nota que poñían ó lado, “García Lorca recitando de viva voz”. Logo souben, por desmentido extraoficial, que do granadino non se conserva ningún documento sonoro, e ese marabilloso recitado é un de tantos deepfakes que se puxeron de moda hai un par de anos e floreceron como toxos en abril á sombra é á calor da pandemia.