-¿De cal?.
Está ben preguntar iso porque aínda que o santo é único o santuario non o é.
Está ben preguntar iso porque aínda que o santo é único o santuario non o é.
Santo Antonio só hai un, aínda que en cada sitio cobra o seu especial significado, o cal fai que semelle que andan entre eles á competencia. Xa aclararemos isto.
Hoxe paramos, entre outros máis no da Agualada. Chegamos xusto cando a procesión xa volvía cara a igrexa, co que aínda asistimos ó ritual do paso das estampas pola divina imaxe, para que as bondades do santo se transmitan á estampa converténdoa así nun obxecto con poderes protectores.

Logo aínda estivemos na sesión vermú. Escoitamos a banda e a orquestra con dúas fermosas vocalistas. Botámoslle un par de bailes, brindamos á saúde do santo, probamos o polbo con pemento e
aínda tivemos tempo de mercar as rosquillas e as bolachas, e abríusenos a boca para as próximas romaxes que se celebren daquí en diante. O máis importante é que aí veñen as festiñas do verán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario