Non se trata de dicir que san Pedro viñese a substituír nos antigos templos romanos ou na devoción dos primeiros cristiáns á figura do pai dos deuses, pero non deixa de ser curiosa esta inscrición, ó parecer pertecente a algún templo anterior a esta igrexa de san Pedro de Armentón, en Arteixo.
Sen embargo, isto si nos dá pé a lembrar que, se Xúpiter era o deus que lanzaba lóstregos contra os seus inimigos, a san Pedro tamén se lle pide que aparte os lóstregos da terra.
De todas formas, esta inscipción non significa que se refira a Xúpiter, como nalgún momento nos quixeron facer ver.
Non todo é o que parece. Pois esta inscripción, consultada con especialistas no tema, aínda que nalgunhas publicacións oficiais se refiren a "Xupiter", é máis ben un texto medieval no que se indica que a primitiva igrexa foi construída por un presbitero. Segundo o profesor Montero Santalla: trata-se de uma das abreviaturas correntes para a palavra latina presbyter ‘presbítero’. acompañada da data da construción da igrexa.
ResponderEliminar