Colaboración de Carlos Campos
Se ben, en Armentón o ramo de san Xoán se queimaba nas fogueiras de san Pedro, un costume que sabemos por referencia de persoas maiores, e que agora xa non se usa, en Loroxo, no concello de Malpica retirábase no san Pedro para botalo nunha esquina da leira como elemento purificador.
Estes ramos formados por espadanas, poñíanse nas fiestras e portas, pero temos informantes que nos din que incluso se poñían nos tellados, así como nas cortes e alí onde haxa animais.
Este ramo, en Loroxo, retirábase na noite do 23 ó 24 de xuño, para metelo nun caldeiro ou bañeira de auga despois de pasalo polo fume da cacharela do san Xoán, para lavar logo a cara con esa auga e deixala secar ó aire. Logo o ramo volvía ó seu lugar para cumplir coa función purificadora da casa, ata o san Pedro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario