sábado, 8 de xuño de 2013

Un curioso cataventos

                           Nas cousas máis simples sempre atopamos algo que nos fai reflexionar sobre a profundidade do pensamento.
Poucas veces se ve na simboloxía que a cruz se poña por encima do sol. Polo xeral este está intercalado no cruce dos brazos, unha veces inscrito e outras contendo a cruz, daí a curiosidade desta imaxe encontrada en Alfoz, na capela da fortaleza, que nos suxire que sobre o mesmo rei do universo triúnfa o símbolo da cristiandade. ¿Non será demasiado prepotente?.
         Pero, asemade, é curioso que o cataventos que serve de base a toda a simboloxía, reproduza ese paisaniño que non se sabe moi ben que fai. Semella que rezando, pero ¿a quen?. Sobre un cataventos a súa devoción debe andar como o vento, a voltas e sen mirar a un punto fixo.
         Creo que, aínda sen pretendelo, o artista que tal cousa fixo estaba pensando no trocachaquetas ou viraventos que son algunhas persoas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario