O praser de cosiñar sin aparellos, coas
propias primitivas, antighas mans! Non é que un esté contra os adiantos
tecnolóxicos. É que cada quen adoita adoptar aqueles que lle fan falta, que lle
fasilitan as cousas, ou pensa que lle dan máis calidade de vida. Ora, cando un
ten todo o tempo do mundo… para que privarse dese praser que digho? Mesmo está o outro de cosiñar para cada dia,
sin apenas utilisar o conxelador, como fan os que teñen a existensia máis
complicada. Vantaxes da xubilasión!
Cantas realidades ten criado o home, ao
longho dos séculos, para o ben que, por uso perverso, remataron servindo tamén
para o mal da espesie: a pólvora, os automóbiles, as droghas de deseño, o
tabaco e o viño, e tanto aparello que, por mor da prédica e publisidade
consumista, acaban ateighando os foghares e fican, por veses, arrombados
ondequer e ondenonsesabe.
Cada sélula humana actuará, a respecto
deses aparellos dos que falo, como mellor o nesesite; non é o mesmo o
integhrante dunha familia tipo (pais e fillos, abós incluidos se cadra), que un
coiote solitario como este okupa. Así, comprenderáse que eu rasoe como tal
individuo desfamiliarisado, xa que a muller se me foi (disque con outra) e os
fillos putativos andan ao seu, e ben que fan, que para iso son ghrandes.
Pois desde este cativo posto que okupo
na sosiedade e na seudocomuna que é este edifisio, díghovos que á hora de
cosiñar experiméntovos un praser espesial só pendendo das miñas mans e dos
coitelos de variado formato e utilidade. Por exemplo, ghraúda é a sensasión que
se ghosa cortando unha sebola unha e outra vés ata deixala picadiña como se
pola trituradora eléctrica pasara: é o aroma, é o tacto, indirecto, a través do
coitelo, da triturasión, é a vista dese picadillo, é mesmo a laghrimiña ou
bághoa, ata o lixeiro pruído de ollos ou o esbirro, todo a constituir ese acto
tan vello como a humanidade desque se puxo a faser o que acabou sendo arte
culinaria.
Ighual experiméntase coas outras leghumes:
que se a senoura, algho máis dura que a sebola, que se o allo algho máis mole;
que se o pemento ou o tomate, a requeriren coitelos aserrados para non os
maltratar tanto… E que me desides do depelique ou depelicasión de patacas (ou
batatas ou mesmo cabasas)? E cortar esa pataca pelada en lonchas ou ben
semicortala con ese toque palanqueiro para escachala… como se tronsa a leitugha
ou o ghrelo coa man e ese movemento como de torserlle o pescoso a alghén (ollo,
que nunca tal fixen, nin con cristián nin con animal, libremedéus!)? Depelicar
a remolacha cosida, simplemente premendo na esbaradisa casca… é toda unha
ghosada!
Mesmo cortar o queixo ou os embutidos,
ou o xamón en finas e finísimas lonchas, ou esas froitas tropicais, a armaren
as ensaladas ídem ou mediterráneas, todo a exersitar o senso do tacto e a
abelensia manual… ata co risco que supón de se cortar un dediño, dionoloqueira!
Fálovos, en fin, dunha sensualidade do labor manual, tan primitivo como todo
outro ofisio de criasión de alimentos (faser pan, faser queixo…) ou de confecsión
de artighos caseiros (madeirar mobles, teser tesidos) ou de pintar superfisies,
por porco que te poñas, do mesmo xeito que lles pasa aos pintores de teas ou de
murais…
Por iso, cambiando de tema, qué tería
sido do inghlés Shakespeare sin o seu sosías fransés Jacques Pierre!
Ningún comentario:
Publicar un comentario